Papá Noel percorrerá Vilalba a partir das 17.30 horas
Tal e como figuraba no programa de Nadal, Papá Noel visitará a vila na tarde de hoxe facendo un percorrido polas distintas rúas da vila para saudar ás nenas e nenos.
Papá Noel sairá da Nave do Concello ás 17:30 horas e pasará por todas as rúas indicadas neste cartel en cores, que corresponden ás liñas debuxadas sobre o mapa. A intención é atravesar Plácido Peña, Cotarón, Pedreiras, Ferrería, Conde Pallares, Galicia, Cidade de Lugo, Feira, Mondoñedo, Terra Chá, Guitiriz, Fraga Bello, Xosé M. Chao Ledo, Galicia, Pravia, Plácido Peña, Cidade de Viveiro, Castelao, Campo da Ponte e Plácido Peña para recollerse de novo na Nave do Concello.
A organización pide que os asistentes se acheguen á zona máis preto das casas para evitar aglomeracións nun só punto.