Para favorecer a conciliación o Concello de Alfoz organiza Ludiverán 2020

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Coa finalidade de favorecer a conciliación durante o período estival o Concello de Alfoz organiza Ludiverán.
unnamed
6 Xul 2020

Coa finalidade de favorecer a conciliación durante o período estival o Concello de Alfoz organiza Ludiverán.

Unha actividade para fomentar a igualdade entre os nenos en todas as actividades deportivas, lúdicas e educativas.

Dará comezo o 15 de xulle rematará o 31 de agosto en horario de 10 a 13.30 horas no Ceip Castro de Ouro.

As actividades están orientadas a rapaces nados entre o ano 2008 e o 2016.

Terán preferencia, sempre por rigorosa orde, os que se inscriban entre os días 6 a 9 de xullo (incluidos) de 10 a 12 horas de luns a xoves, fóra deste horario deberán solicitar cita previa a través do teléfono 982 558 001. A oficina para a presentación de solicitudes atópase na Casa do Concello de Alfoz.

No caso de haber máis demanda das prazas ofertadas, formarán parte do programa preferentemente, aquelas solicitudes que cumpran, por orde os requisitos de ser alumnos do Ceip Castro de Ouro e que soliciten todo ou parte do período do programa e no que ambos pais traballen ou sexan familias monoparentais e o proxenitor traballe, para fomentar a conciliación. Tamén o resto de inscritos segundo a orde de inscrición.

Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades, así como crema solar.
A programación comunicarase periodicamente co obxecto de informar, aos familiares.

A ratio por monitor establécese en 10 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos para COVID-19.

Xunto coa instancia de solicitude, os responsables dos participantes deberán asinar una declaración responsable onde garantan que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufriu tos, febre, cansazo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía.

Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras e todos os participantes terán a libre disposición de xel hixienizante.

0.16386103630066