Pardiñas presenta o programa dunha edición na que a Mostra de Instrumentos cumpre 30 anos

TerraChaXa
O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación da programación especial da 30ª Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas.
presentacion festival pardinas
22 Xul 2023

O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación da programación especial da 30ª Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, das máis antigas e importantes de toda a Península Ibérica, e que se celebrará o 5 e o 6 de agosto en Guitiriz, promovida pola Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG

Na rolda de prensa, coa presidenta do Padroado do Museo -Concha Losada- como anfitrioa, interviron os artesáns Xaneco Tubío, Oli Xiráldez e Xosé Tunhas -presidente, vicepresidente e vogal da AGG-. Tamén, Alfonso Blanco Torrado, coordinador da Asociación Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas.

En palabras de Torrado, “a Mostra é hoxe en día o corazón, a alma do Festival". Reunirá máis de 30 artesáns con stand, e contará coa participación de músicos e luthiers de Euskadi, Cataluña, Portugal, Cantabria e Madrid.

A programación especial da Mostra de Instrumentos combínase coa programación do propio festival, no que a música volve ser a protagonista.

A Asociación Xermolos de Guitiriz fixo público tamén o programa da nova edición do Festival de Pardiñas, concretamente a XLIV desta cita musical Festa de Interese Turístico Galego, que este ano terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto.

O apartado musical volverá completarse con artistas galegos e vidos doutros puntos para achegar o son folclórico, como o sábado, coa actuación de Xirolarrua, de Euskadi, que fará a sesión vermú; ou Bloquinho de Xermolos, Boroa, os escoceses The Poozies, os galos galos Guilhem Desk , os asturianos La Tarrancha e os galegos Rebeliom do Inframundo. Estas serán as actuacións do sábado, que darán comezo ás 20.30 horas. Estas actuacións estará precedidas polas pandereteiras Brincadeira, dentro da programación da Mostra de Instrumentos.

O domingo a música comezará co concerto dos catalás Cançons de Festa Major tamén en sesión vermú xunto a La Trocamba Matanusca do País Valenciá.

Pola tarde noite actuarán Os Carunchos, Caamaño&Ameixeiras + Caldo, Xisco Feijoó, Calle Mambo e La Trocamba Matanusca. Estes concertos terán lugar a partir das 20.30 horas.

Ademais, dentro da programaicón destacan os pregóns de Xaneco Tubío o sábado da Mostra de Instrumentos e Sabela Núñez Singala o domingo. Por supusto tamén haberá espectáculo infantil, o domingo ás 16.30 boras con Cirquack.

Pero o festival non só é música e actuacións. Volverán estar as tradicionais mostras de artesanía e de instrumentos de música tradicional, así como obradoiros, o sábado de txalaparta con Juan Mari Beltrán e o domingo de danzas bretonas con Justine Frelaut; o de xogos bailados de Luis Pego ou o de baile galego con Montse Rivera.

Tamén haberá Aberto de billarda e carreira popular na tarde do sábado.

Todo este festival coñecido como a Feira e Festa da Música e da Arte, terá o seu inicio na noite do venres, a partir das 20.30 horas, co IX Certame de Cantos de Taberna polos bares de Guitiriz.

CONCURSO

A asociación Xermolos xa ten escollidos os gañadores do XLIV Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil, un concurso vinculado ao Festival de Pardiñas. Neste concurso participaron nas especialidades de contos, debuxo, poesía, teatro, documentais, fotografía, cómic, murais, grafiti, vídeo-creación, improvisación oral, regueifas e rap.

Os premios van ser entregados o sábado 6 de agosto dentro das actividades do Festival de Pardiñas, ás 7 da tarde no Campo da Feira de Guitiriz. Toda esa xornada vai haber actividades coma música, obradoiros, grafiti, xogos, etc.

A lista de premiados pode consultarse neste enlace.

Os galardóns concedéronse nos niveis de educación infantil, nos tres ciclos de Primaria, os dous de Secundaria e en bacharelato e FP. Houbo premios para os tres mellores de cada nivel e especialidade, que se repartirán en material e libros valorados en 60 euros para o primeiro; 50, para o segundo, e 30, para o terceiro. Tamén haberá premios para os traballos colectivos, todos eles con lotes de libros.

festival pardinas horario
festival pardinas cartel
0.21809601783752