Pardiñas presenta un completo programa para a primeira fin de semana de agosto

TerraChaXa
A Asociación Xermolos de Guitiriz está ultimando detalles para celebrar este ano unha nova edición do Festival de Pardiñas.
cartel pardinas 2022 portada
24 Xul 2022

A Asociación Xermolos de Guitiriz fixo público o programa da nova edición do Festival de Pardiñas, concretamente a XLIII desta cita musical Festa de Interese Turístico Galego, que este ano terá lugar os días 5, 6 e 7 de agosto.

O apartado musical volverá completarse con artistas galegos e vidos doutros puntos para achegar o son folclórico, como a banda de swing No Reply de Madrid, os referentes galegos Ruxe Ruxe e Comando Curuxás o sábado xunto aos escoceses Fouth Moon. O domingo destacan o compositor vasco Xabi Aburruzaga, o grupo de música tradicional Carapaus, a banda emerxente TanDuB ou Festicultores.

Estes concertos terán lugar a partir das dez da noite do sábado e das 20.30 do domingo.

Pero tamén haberá outras actuacións como a de Xirifeiros na tarde do sábado ou a sesión vermú do domingo con Rabeira e a da tarde con Pandeireteiras Ultreia.

Ademais, dentro da programaicón destacan os pregóns de Xerardo Fernández Santomé o sñabado e Séchu Senande o domingo. Por supusto tamén haberá espectáculo infantil, o domingo ás 16.30 boras con Abracadáver.

Pero o festival non só é música e actuacións. Volverán estar as tradicionais mostras de artesanía e de instrumentos de música tradicional, así como obradoiros o domingo de Treboada, ás 12.30 horas con Oli Xiráldez, e baile tradicional con Nuria Gesteira.

Tamén haberá Aberto de billarda e carreira popular na tarde do sábado.

Todo este festival coñecido como a Feira e Festa da Música e da Arte, terá o seu inici na noite do venres, a partir das 20.30 horas, co VIII Certame de Cantos de Taberna polos bares de Guitiriz.

CAMISETAS

Por outra banda, seguen á venda as camisetas deste ano, deseñadas por Cristian F. Caruncho. Os puntos de venta son o Bar Xoldra e o Café Pub Soa de Guitiriz. Formato unisex e dúas cores con tallas dende 3/4 anos ata a 4XL.

O ilustrador Cristian F. Caruncho é o creador das camisetas do XLIII Festival de Pardiñas. Cristian participa dende 2013 como festivaleiro e como artesán, poñendo o seu posto para difundir as súas creacións na Mostra de Artesanía.

Cristian, formado na  Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picaso da Coruña, ten xa un longo percorrido como creador de cómic no cal destaca polo seu compromiso coas aldeas galegas e coas súas xentes, tomando de inspiración Vidueiros, a súa propia aldea, situada ó abrigo da ría de Ortigueira.

Os traballo autoeditados de Cristian son Historias de Rego Torto (O asubío das fouces, O voo da vacaloura, O home que liberou a fraga, Por un saco de patacas, Salustio en Norteamérica, Salustio e a Festa Naciona), Dorotea e Grandarroiba. Cristian foi proclamado gañador do I Carlos Casares-Kristina Berg ao talento creativo. Na actualidade Cristian imparte clases maxistrais e obradoiros de cómic a rapazada en asociacións e centros de ensino, ilustra discos, participa das asociacións da súa contorna e sigue creando en cómic, así estamos a agardar a publicación conxunta do libro ilustrado xunto con María Canosa de Sainza, a punkiereteira.

O deseño de Cristian F. Caruncho recolle a interxeracionalidade e as músicas que enchen Pardiñas durante o Festival.

CONCURSO

Así mesmo, o xurado deu a coñecer os premios do XLIII Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil, ao que se presentaron un total de 820 traballos das catro provincias galegas nas distintas disciplinas, como debuxo, poesía, contos, videopoemas, videocreacións, fotografía, videodocumentais e técnicas teatrais.

Déreonse premios especiais ás aulas do CEIP Lagostelle de Guitiriz, polos murais que foron deseñando durante o curso, principiando polo calendario do 2022.

Tamén foi premiado o obradoiro do Santa María das Potes polas súas láminas sobre as Letras Galegas; Breixo Fernández Amil do CPI de Teixeiro, pola presentación do seu traballo en criptogramas, e Os Meniñeiros, da Escola Waldorf de Friol, relato escrito e ilustrado por Manuela Saavedra Jiménez, Nabia Méndez Vázquez, Hada Galán Lamas e Clara Cruz Márquez, 4º da ESO.

Os premios van ser entregados o domingo 7 de agosto dentro das actividades do XLIII Festival de Pardiñas, ás 19:00 da tarde, no Palco do Festival de Pardiñas.

Consulta a listaxe de premiados neste enlace.

0.067141056060791