Parga acolle este sábado un seminario sobre educación no rural

TerraChaXa
Parga acollerá este sábado un novo seminario sobre a educación no rural organizado pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
seminario educacion rural portada
14 Abr 2023

O CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga acollerá este sábado un novo seminario sobre a educación no rural organizado pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.

A sesión, que terá unha duración de máis de catro horas, abordará diferentes temas, como a evolución da recollida de sinaturas para a formación docente específica para traballar en ámbitos rurais; a análise do proxecto Poptec-Interreg; e un debate sobre o Plan Educativo Específico para o Rural da Confederación de Anpas Galegas. Ademais, abrirase unha rolda de intervencións e presentaranse iniciativas de interese das escolas rurais.

A sesión dará comezo ás 10.00 horas e cunha sesión de descanso de media hora, prolongarase ata o mediodía, cando se celebrará un xantar nun establecemento da localidade.

seminario educacion rural
0.19327688217163