Parga acolle este sábado unha sesión vermú a ritmo de rock previa ao festival de setembro
TerraChaXa
Deloreans e Nordés serán os pratos fortes da xornada
Cartel do evento
29 Maio 2024
Parga acolle este sábado, 1 de xuño, unha sesión vermú diferente, na que o rock será o gran protagonista organizada como un aperitivo do Parga Festival Rock.
Así, a partir das 14.00 horas, o carón da escola vella encherase de actividade. Arrancarán ás 14.15 horas coa presentación do merchandising do festival e, xusto despois terá lugar o primeiro concerto, a cargo de Deloreans.
Dj Coutinho, kakaroke será a seguinte cita para, ás 19.30 horas escoitar o concerto de Nordés. A xornada rematará cunha nova actuación de DJ Coutinho.