Parga acolle o domingo 16 a XXVIII Feira da Cantería, Callos e Artesanía
O Concello de Guitiriz organiza o domingo 16 de xullo, xunto coa Feira de Parga, a edición número XXVIII da Feira de Cantería, Callos e Artesanía, que terá lugar na Carballeira da localidade.
A xornada dará comezo ás 08:30 horas coa chegada dos canteiros e a elección de pedras co lanzamento de Bombas e apertura do XXV Certame de Cantería, para posteriormente, ás 10:00h, realizará a apertura da mostra de artesanía.
Ás 11.00 horas terá lugar a actuación dos grupos municipais de música, como a Banda de Música, Grupo de Gaitas, e a UNED Sénior. Tamén haberá actuación do grupo Na Casa Zoqueiro.
Ás 14:00 horas realizarase o peche do certame de Cantería coa entrega de premios
Pola tarde está previsto o Campionato Galego de Andadura Federada 2023, con premios para as categorías cabalos xóvenes, menos e máis de 150 serrada e chapeada e sub 16.
Durante a xornada tamén haberá venda de callos.
A presentación completa do evento terá lugar o próximo xoves, 13 de xullo.