Parga acolle unha sesión de manobras militares internacionais

TerraChaXa
O Campo de Manobras e Tiro de Parga, en Guitiriz  acolle ata o 20 de abril un exercicio denominado TtT -Train de Trainers- para formar a cadros de mando, fundamentalmente xefes de sección e de pelotón, sobre situacións de combate en zonas boscosas.
forest 3025918_1920
18 Abr 2018

O Campo de Manobras e Tiro de Parga, en Guitiriz  acolle ata o 20 de abril un exercicio denominado TtT -Train de Trainers- para formar a cadros de mando, fundamentalmente xefes de sección e de pelotón, sobre situacións de combate en zonas boscosas.

As manobras están dirixidas polo Batallón de Infantería Motorizada Zamora, que pertence á Brilat.

O exercicio terá carácter internacional coa participación lóxica do Exército Español que estará representado por membros da BRILAT, BRILEG, BRIPAC, MOE, Brigada Aragon I, Brigada Guzmán o Bo X, Brigada Estremadura, XI e Brigada Guadarrama XII. A representación internacional será a que aporten os exércitos de Francia, Italia, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos.

Segundo informa o Ministerio de Defensa, os principais obxectivos deste exercicio son proporcionar aos cadros de mando (xefes de sección e pelotón) os coñecementos básicos que lles permitan planificar e executar misións de combate en zonas de bosque e capacitalos para que sexan formadores do persoal das súas unidades de orixe. En declaracións aos medios de comunicación, o tenente da Brilat Jaime Hernández, explicou que a formación céntrase en varios aspectos relacionados cos enfrontamentos en zonas boscosas, con exercicios orientados a mellorar "a navegación e as accións de combate, tanto defensivas como ofensivas".

Unha parte da formación, na que se inclúen fases "de lume real", os participantes realizan exercicios de supervivencia e fan prácticas para "seleccionar obxectivos dentro do bosque".

O BNG oponse. Pola contra o BNG lamenta que o campamento de Parga se convirta de novo en campo para os xogos de guerra do exército.

Diante do anuncio das manobras que a Brilat desenvolverá en Santa Cruz xunto a outras unidades militares de diferentes países e que inclúe exercicios de fogo real en zonas boscosas amosa o seu rexeitamento deste xogos de guerra "que veñen a interrumpir a vida cotiá de veciños e veciñas e a ocasionar molestias e a crear inseguridade". Dende o Bloque "lamentamos que mais unha vez os terreos do campamento de Santa Cruz se convirtan en esceario de xogos de guerra do exército español que incumple reiteradamente o uso para o que os veciños o cederon no seu momento: unha escola de enxeñeiros do exército, nunca un campo de tiro e manobras".

"Dende o BNG de Guitiriz estaremos expectantes e vixiaremos que ditas manobras se realicen dentro das instalacións do campamento e nunca fóra, como ocorre en reiteradas ocasións, o cal poría en serio perigo aos veciños, dado o empregamento de fogo real en exercicios de emboscadas e contra emboscadas tanto en horario diurno coma nocturno", explican.

Asimesmo, preguntarán no vindeiro Pleno se o exército comunicou ao Goberno municipal a realización destes exercicios así como a afectación en terreos alleos ao campamento militar e o dispositivo de seguridade habilitado de ser o caso.

 

 

 

0.18879508972168