Parga acolle unha xornada sobre envellecemento dentro do programa Xunt@s

TerraChaXa
O programa Xunt@s continúa no concello de Guitiriz.
envellecer de forma activa charla portada
3 Abr 2024

O programa Xunt@s continúa no concello de Guitiriz. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

Nesta ocasión será unha charla sobre envellecemento activo, que terá lugar o venres 5 de abril, ás 11.30 horas, na Escola das Nenas de Parga.

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.

0.21518611907959