Parga acolleu unha Feira da Cantería con restricións
Trala paréntese do pasado ano por mor da pandemia, a carballeira de Parga acolleu a XXVI Feira da Cantería, Callos e Artesanía, cun día solleiro inmellorable para desfrutar deste evento.
No XXIII Certame de Cantería participaron un total de 16 persoas desde primeira hora da mañá e os gañadores foron:
- 1º premio: Pedro José Rodríguez Álvarez. (700 euros).
- 2º premio: Juan Vázquez. (500 euros).
- 3º premio: Marcos Escudero. (200 euros).
Ademais, cada participante contou con 100 euros destinados a dietas.
O xurado estivo formado pola alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o presidente da Comunidade de Montes, Jose Manuel López; e o canteiro local, Javier Varela.
Ademais, os asistentes puideron gozar das racións de callos que preparou a organización e botarlle unha ollada aos produtos da mostra de artesanía, na que tomaron parte vinte artesáns de distintas modalidades (madeira, coiro, téxtil, bisutería, produtos de alimentación, etc).