Parga celebra esta fin de semana as súas festas e unha homenaxe a Fuxan os Ventos

TerraChaXa
Este venres 18 de agosto Parga acolle unha homenxa ao grupo Fuxan os Ventos que terá lugar ás 19.
Fuxas os ventos homenxe_ portada
17 Ago 2023

Este venres 18 de agosto Parga acolle unha homenxa ao grupo Fuxan os Ventos que terá lugar ás 19.30 no CIT de Parga. 

O sábado ás 11.00 celebrarase unha alborada a cargo do grupo de gaitas Ferreiriños e ás 14.00 dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra Galilea. 

Ás 19.00 dará comezo un partido de fútbol para continuar ás 22.30 cunha verbena a cargo de Son d’Festa e Galilea. 

O domingo 20 a xornada dará comezo coa misa e procesión ás 13.45 para continuar ás 14.30 coa sesión vermú amenizada pola orquestra La Favorita. 

Xa pola tarde ás 19.00 dará comezo un pasacalles cos Trileros e ás 22.30 a verbena coas orquestra Dilema e La Favorita. 

Para rematar o día haberá unha sesión de pirotécnia ás 00.00 a cargo de Rocha Areas. 

O luns 21 será o útimo día de festas cunha sesión vermú ás 14.00 con D’Vicio e ás 16.00 dará comezo unha festa infantil e da escuma nas instalación do CIT. 

A verbena, que dará comezo ás 22.30, estará a cargo das orquestras D’Vicio e América. 

0.22779512405396