Parga celebra este domingo a XXX Feira da Cantería, Callos e Artesanía

TerraChaXa
A cita, organizada polo Concello de Guitiriz e a Asociación de Veciños da Feira de Parga, desenvolverase de 8:30 a 20:30 horas no Campo da Feira
Feira-da-Cantería,-Callos-e-Artesanía-Parga
19 Jul 2025

A localidade de Parga, no municipio de Guitiriz, acollerá este domingo 20 de xullo a trixésima edición da Feira da Cantería, Callos e Artesanía, unha cita xa consolidada no calendario festivo e cultural da comarca, impulsada polo Concello de Guitiriz en colaboración coa Asociación de Veciños da Feira de Parga.

A programación, que se estenderá desde as 8:30 ata as 20:30 horas no Campo da Feira, combinará exposicións de artesanía, gastronomía, música en directo e competicións tradicionais.

A xornada arrancará ás 8:30 horas coa apertura do XXVII Certame de Cantería, que se prolongará ata as 13:30 horas, momento no que se realizará o pregón a cargo de Manuel Vizcaino Díaz, quen fora mestre e director do colexio Santo Estevo de Parga.

Ás 10:00 horas abrirase a mostra de artesanía, con venda de galiñas autóctonas galegas, e ás 11:00 horas ofreceranse as actuacións dos Grupos Municipais e Na Casa Zoqueiro. De 11:00 a 13:30 horas disputarase o Campionato Galego de Andadura, que continuará pola tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas.

Ás 14:00 horas farase público o fallo do xurado do certame de cantería, coa correspondente entrega de premios. Os máis pequenos contarán cun obradoiro infantil programado para as 17:00 horas e a música porá o broche final á feira coa actuación de A Banda da Balbina, que ofrecerá o seu concerto a partir das 19:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.53654003143311