Parga celebra o San Roque dende o venres
A localidade de Parga, en Guitiriz, celebrará a fin de semana do 16 ao 19 as súas festas patronais na honra de San Roque.
A programación contará xa o venres 16 con choricillos e liscos na plaza e coa actuación do dúo Zafiro, que amenizarán a xornada festiva da verbena.
O sábado haberá unha alborada con Son's da Aldea e, nesta ocasión, a sesión vermú e a verbena estarán ao cargo do grupo Super Top e Disco Movil Sebas 21.
Ás 14.00 horas terá lugar a tradicional tirada de fogos artificiais xunto ao río.
O domingo, as alboradas serán á mesma hora cos Trapeiros dos Vilares como acompañamento que, ademais, actuarán despois da sesión de pirotecnia, ás 14.30 horas. Logo, a misa e procesión será ás 13.45 e a sesión vermú terá como protagonistas á Banda Municipal de Guitiriz e ao dúo Son de festa, que terá dobre sesión na verbena da noite, xunto a Salsarena.
O luns continuarán as celebracións con dúas sesións musicais habituais a cargo do dúo Eclipse e La Última legión.
Completará a programación este luns unha festa infantil nas instalacións do CIT que dará comezo ás 17.00 horas e á que están invitados todos os rapaces da vila.
A organización lembra que as verbenas darán comezo ás 22.30 horas.