Parga e Guitiriz contarán con iluminación led
O Concello de Guitiriz cofinanciará un proxecto para renovar a iluminación pública dos núcleos de Guitiriz e Parga, apostando así polo aforro eficiente. O proxecto consistirá na instalación de luces leds en todas as luminarias.
O Concello deberá abonar un 20% dos preto de 360.000 euros do orzamento, para o que solicitaron unha subvención ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, que aínda non foi concedida, co que se pretende custear o 80% restante do orzamento do proxecto de aforro enerxético.
O custo desta actuación no centro urbano de Guitiriz, onde se inclúe a zona da Torre, a gasolineira, o balneario ou o Campo da Feira, ascende a case 198.000 euros, dos cales o Ministerio subvencionaría case 158.000. No núcleo de Parga habería que renovar toda a iluminación púbica xa que nunca se fixo un traballo así, polo que ascendería a 163.000 euros do Concello e case 130.000 euros da subvención