Parga en Guitiriz, Árbol en Vilalba e Cirio en Pol celebran o seu magosto

TerraChaXa
Este domingo será xornada de magosto en diferentes localidades da comarca como Parga, en Guitiriz, Árbol en Vilalba e Cirio en Pol.
1 Magosto a legua dereita corgo
29 Out 2022

Este domingo será xornada de magosto en diferentes localidades da comarca como Parga, en Guitiriz, Árbol en Vilalba e Cirio en Pol.

En Parga será o colectivo O Txoko de Parga o que organiza este magosto, que terá lugar  a partir das 18.00 horas na sede da asociación cultural. Están invitada a veciñanza polo tanto a degustar castañas e viño.

En Árbol será a Asociación Cultural e Deportiva a encargada de celebrar o magosto, que chega á súa novena edición. Haberá asemblea de socios ás 18.00 horas para a renovación de cotas para continuar pola tarde co asado de castañas. Poderán degustarse tamén chourizos, liscos, pan e viño de balde.

O apartado musical correrá a cargo de Cerna de Árbol.

Finalmente o colectivo polense Lecer e Gamelle convocou tamén para este domingo o seu magosto en Cirio, pero este será ao mediodía. Haberá empanada, lacón, castañas e postre a un prezo de 5 euros para socios e de 8 para o resto.

magosto arbol
magosto parga
0.19403100013733