Parga reuniu a 580 maiores para a Festa dos Xubilados
TerraChaXa
A Festa dos Xubilados, organizada polo Concello de Guitiriz, reuniu hoxe a 580 persoas na Praza do Vinteoito, en Parga.
3 Maio 2024
A Festa dos Xubilados, organizada polo Concello de Guitiriz, reuniu hoxe a 580 persoas na Praza do Vinteoito, en Parga.
Nesta xornada festiva, na que os asistentes desfrutaron dun rico xantar, estivo presente a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o deputado provincial da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; o alcalde de Xermade, Roberto García, e membros da corporación local.