Parón dos mércores de cine en Meira

TerraChaXa
Os habituais mércores de Cine en Meira, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo, farán unha paréntese á espera de poder proxectar o último dos filmes O corpo aberto, película dirixida por Ángeles Huerta.
cine na rua meira o corpo aberto portada
11 sep 2023

Os habituais mércores de Cine en Meira, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo, farán unha paréntese á espera de poder proxectar o último dos filmes O corpo aberto, película dirixida por Ángeles Huerta.

1909. Miguel, un novo profesor, é destinado a un pequeno pobo de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño do pobo libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.

Desde a organización avisan que, en breve, informarán do día e hora no que fixarán esta proxección.

cine na rua meira o corpo aberto
0.20319509506226