Pastoriza abre as inscricións para un novo obradoiro de cociña do chef Alberto Saavedra

A Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para un novo Obradoiro de Cociña. O curso, impartido polo chef Alberto Saavedra, desenvolverase o venres 20 de marzo ás 21.15 horas no local da Pastoriza (antiga Ladrilleira).
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 13 de marzo, contactando con Sandra (659 032 194), Fe (638 253 138) ou Sonia (630 321 655). O prezo da actividade é de 15 euros, cun desconto especial para persoas socias, que aboarán 10 euros. O pago debe realizarse de forma anticipada na libraría Soños.
O obradoiro, que se encadra nas actividades de dinamización cultural e gastronómica impulsadas polas asociacións locais, promete unha noite práctica e participativa na que o chef convidado compartirá receitas e técnicas cociñeiras adaptadas á cociña tradicional galega.