Pastoriza acolle unha xornada gratuíta sobre enerxías renovables nas granxas

TerraChaXa
Será este venres en xornada de mañá e tarde, organizada polo Sindicato Labrego Galego
xornada-formativa-granxas-pastoriza
18 Dec 2025

Pastoriza acollerá este venres, 19 de decembro, unha xornada formativa gratuíta centrada no uso das enerxías renovables nas granxas de leite e carne, unha iniciativa dirixida a achegar alternativas sostibles e eficientes ao sector gandeiro.

A actividade desenvolverase na Casa da Cultura de Pastoriza en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e tamén pola tarde, de 15.30 a 17.30 horas, co obxectivo de facilitar a asistencia do maior número posible de persoas interesadas. A formación estará impartida por Aitziber Uriagereka, especialista no ámbito das enerxías renovables aplicadas ao sector agrogandeiro.

A xornada está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas, e abordará as posibilidades de implantación de sistemas enerxéticos renovables nas explotacións gandeiras, tanto desde o punto de vista económico como ambiental, contribuíndo á redución de custos e á mellora da sustentabilidade das granxas.

A iniciativa está organizada polo Sindicato Labrego Galego, Comisións Labregas e a organización CIOAG, e conta cun financiamento do 100 % a través do programa de Formación Agroalimentaria, co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do Goberno de España.

As persoas interesadas poden inscribirse a través dos teléfonos 982 23 11 54 e 982 33 17 14, ou ben mediante o correo electrónico meira@sindicatalabrego.gal. A organización anima ao sector a participar nunha xornada pensada para ofrecer coñecementos prácticos e ferramentas útiles para o futuro das explotacións gandeiras.

⚙ Configurar cookies
0.078219890594482