Pastoriza impulsa este mes obradoiros de firma dixital, intelixencia artificial e robótica

TerraChaXa
Ademais, os días 4 e 5 de marzo desenvolverase un taller para nenos e nenas no colexio
obradoiros-robotica-e-ia
2 Mar 2026

O Concello de Pastoriza desenvolverá ao longo do mes de marzo un completo programa formativo dirixido a diferentes sectores da poboación, con propostas centradas na transformación dixital, a innovación tecnolóxica e a capacitación práctica tanto para persoas adultas como para a cativada.

A primeira das actividades será o taller sobre firma dixital, Ch@ve 365 e aplicacións de Sergas e Facenda, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de marzo en horario de 10.00 a 13.00 horas. Nesta formación, as persoas participantes aprenderán a utilizar a firma dixital, o sistema Chave 365, os certificados electrónicos e as principais aplicacións da administración pública, co obxectivo de facilitar a realización de trámites telemáticos con seguridade e autonomía.

Posteriormente, os días 17, 18 e 19 de marzo, en horario de 10.30 a 13.30 horas, terán lugar as xornadas sobre intelixencia artificial dirixidas a autónomos e pequenas e medianas empresas. Esta iniciativa busca achegar as posibilidades da IA ao tecido produtivo local, amosando ferramentas e aplicacións prácticas que poden contribuír á mellora da competitividade e á optimización de procesos.

Ademais, os días 4 e 5 de marzo desenvolverase un taller de robótica para nenos e nenas no colexio da Pastoriza, unha proposta orientada a espertar o interese pola tecnoloxía e pola programación desde idades temperás mediante actividades lúdicas e prácticas.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden contactar no teléfono 663 30 33 82. Con este programa, o Concello de Pastoriza reforza a súa aposta pola formación e pola adaptación ás novas ferramentas dixitais como eixo de desenvolvemento social e económico.

0.11738204956055