Pastoriza prepara a súa Cabalgata de Reis para este luns

TerraChaXa
Haberá agasallos para os pequenos, roscón e chocolate quente
programa-de-reis-pastoriza
4 Jan 2026

O Concello da Pastoriza organiza unha completa xornada para celebrar a tradicional Cabalgata de Reis este luns, 5 de xaneiro, con actividades pensadas para todas as idades.

A programación comezará ás 11:30 horas coa visita dos Reis Magos ao centro residencial A Pastoriza, en Bretoña, levando ilusión aos maiores. Pola tarde, ás 16:00 horas, terá lugar a saída dos Reis Magos dende o balcón do Concello, seguida dun pasarrúas ata o local social, situado na antiga Ladrilleira.

Durante a tarde, todos os nenos e nenas recibirán un agasallo e os asistentes poderán gozar de roscón e chocolate quente nun ambiente festivo.

Está prevista a actuación do grupo de música e baile tradicional para pechar a xornada coa actuación de DJ Eventec.

⚙ Configurar cookies
0.078151941299438