Pastoriza presenta o proxecto 'Terra Chá Inmersiva' para promover o territorio en Fitur

TerraChaXa
O acto terá lugar ás 12.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura e contará coa participación do alcalde
lagoa-fonmina-pastoriza-tras-limpeza
17 Jan 2026

O Concello de Pastoriza acollerá este domingo, 18 de xaneiro, a presentación do proxecto Terra Chá Inmersiva: Vive Terra Chá accesible e sen límites, unha iniciativa que será exhibida na feira internacional de turismo Fitur co obxectivo de promover e poñer en valor o municipio e a comarca da Terra Chá.

O acto terá lugar ás 12.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Pastoriza e contará coa participación do alcalde, Darío Cabaneiro Santomé, quen convida á veciñanza e aos axentes sociais e económicos a coñecer de primeira man esta proposta innovadora de promoción turística.

Terra Chá Inmersiva preséntase como un proxecto orientado a ofrecer unha experiencia accesible e sen barreiras, apostando polas novas tecnoloxías como ferramenta para dar a coñecer os recursos naturais, culturais e patrimoniais do territorio, así como reforzar a súa proxección exterior en espazos de referencia como Fitur.

⚙ Configurar cookies
0.082703113555908