Patiño afeou a visita do conselleiro de Sanidade criticando a atención médica de Xermade

TerraChaXa
Luis Ángel Rodríguez Patiño, párroco de Momán,critica á atención médica no centro de saúde de Xermade e no rural en xeral
patino cura moman
13 Abr 2022

Luis Ángel Rodríguez Patiño, párroco de Momán, amosouse crítico coa visita a Vilalba do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, para anunciar a incorporación dun médico ao centro de saúde de Xermade.

Segundo Patiño "unha vez máis se burlan dos concellos pequenos onde a poboación está máis envellecida e con máis necesidades de atención médica e que esta sexa cercana".

Así mesmo lembrou que seguen recollendo sinaturas para solicitar unha mellor atención médica en Xermade, "...desprazarse a Vilaba ou As Pontes con todos os inconvintes que conleva pola idade, pola enfermidade que poida ser grave ou os gastos económicos que moitas familias non poderán soportar...en taxis ou petición de axuda a familiares ou veciños".

Por outra banda comentou que como coordinador da Uned Sénior "poñeremos unha materia de envellecemento activo de morrer no intento de chegar a Villalba e, como cura, bendecirei cubos de auga bendita".

Rematou afirmando que "agora o Sergas e a Xunta non poden dicir que a culpa é do Goberno central senón que é responsabilidade e deles".

0.18909287452698