Patiño fará unha misa de encargo polo remate das obras da estrada de Momán ás Pontes
Luis Ángel Rodríguez Patiño, párroco de Momán, anunciou que celebrará unha misa o día 28 na Camposa de Mazandoi, ás 13.00 horas para conmemorar o compromiso adquirido pola Deputación para o ararnxo da estrada que une esta parroquia con As Pontes.
Esta misa, segundo explica o párroco, foi pedida directamente polo alcalde de Xermade por parte do presidente do ente provincial, José Tomé. Ambos os dous confirmaron a súa asistencia a este evento que pon de novo de actualidade a realizada no 2016 para pedir "a intervención divina" para que se fixeran estas obras, que hoxe en día están a piques de rematar, a falta dun quilómetro.
Patiño explica que aquelas misas "non foron unha tolería, seviron para darle visibilidade a unha reclamación veciñal porque a fe non pode ser allea aos problemas dos veciños". Avanza tamén que "as autoridades asistentes non terán ningún privilexio, estarán entre as persoas asistentes. Non quero misas onde as autoridades estean ocupando os primeiros bancos".
Avanza tamén Patiño que preguntará ao concello por outras necesidades das aldeas e ver que "non é necesario parar coches e non romper nada para estar unidos e facer as cousas".