Patiño insta á Igrexa que ceda os seus locais á Sanidade durante a crise

TerraChaXa
Luís Anxo Rodríguez Patiño, o coñecido cura de Momán, en Xermade, e Labrada, en Guitiriz, fixo un chamamento á Igrexa para poñer os seus bens e inmobles ao dispor da administración para a loita contra o coronavirus.
patino
1 Abr 2020

Luís Anxo Rodríguez Patiño, o coñecido cura de Momán, en Xermade, e Labrada, en Guitiriz, fixo un chamamento á Igrexa para poñer os seus bens e inmobles ao dispor da administración para a loita contra o coronavirus.

Novamente, o polémico párroco, coñecido pola defensa de dereitos e as súas habituais reivindicacións contra a xerarquía eclesiástica, volveu alzar a súa voz en contra do comportamento dunha Igrexa que "fala moito pero hai pouco". De feito, reivindica un cambio de actitude en canto ás doazóns. "A Igrexa ten grandes cantidades de depósitos nos bancos e ata o de agora non entregaron nada para a causa... e é un problema internacional", engade Rodríguez Patiño. "A Igrexa ten que seguir a Cristo e a primeira que ten que dar testemuño ante a xente, ante os que sofren, é ela. Non importa nada máis e dá igual o que custe", di.

Ademais, Patiño anunciou que cederá á administración competente en materia de coronavirus os templos de culto así como as casas reitorais que ten ao seu cargo para que poidan ser usadas durante esta crise. "Denuncio e pido perdón en nome da Iglesia, a institución máis insolidaria e egoísta ata a data, que dispón de instalacións equipadas para entregalas ao dispor da sanidade", denuncia Rodríguez Patiño.

patinyo
0.19298911094666