Patiño lembra á igrexa que a súa atención debe estar cos veciños e non cos políticos

TerraChaXa
O coñecido sacerdote Luis Rodríguez Patiño, encargado de parroquias en dúas concellos da Terra Chá, Momán (Xermade) e Labrada (Guitiriz), e nos veciños municipios coruñeses de Monfero e de Aranga volveu a reclamar á igrexa que se alonxe dos concordatos cos poderes e si aos acordos co pobo.
7 Xan 2020

O cura, coñecido por pronunciamentos que pouco ou nada se parecen aos habituais da xerarquía, afirma que mentres sectores da Conferencia Episcopal parecen preocupados por un pacto PSOE-Podemos, outros sacerdotes ven a dor e o sufrimento de xente pola crise económica.

Patiño opina que os poderes da Igrexa sacralizáronse dunha maneira case pagá, o que acaba por restarlle autoridade. Para contrarrestar esa tendencia, propón que a Igrexa sexa unha institución de liberdade, que apoie as reivindicacións dos desfavorecidos, que rompa os seus concordatos cos poderes e que se achegue ao pobo.

Este sacerdote protagonizou actos como misas xunto a unha estrada, a que vai de Momán ás Pontes, para reclamar o seu arranxo e denunciar o que interpreta como abandono da Galicia rural. Doutra banda, nas súas parroquias adoita instalar beléns nos que non faltan alusións críticas a cuestións de actualidade.

0.18643712997437