Patrimonio de Galicia inclúe no seu catálogo un hórreo de Guitiriz

TerraChaXa
Os hórreos situados nos municipios da Cañiza (Pontevedra) e Guitiriz entraron este xoves no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).
horreo barreiros
22 sep 2023

Os hórreos situados nos municipios da Cañiza (Pontevedra) e Guitiriz entraron este xoves no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

A lei do patrimonio cultural de Galicia establece a este respecto que serán bens de interese cultural os hórreos dos que existan
evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901. Con todo, matiza tamén que, aínda que non poida ser acreditada esta antigüidade, poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados "cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico".

Isto último é o que ocorreu cos dous hórreos catalogados este xoves, que a pesar de defender unha construción anterior a 1901, non puideron acreditar esta afirmación coa documentación necesaria.

Con todo, o DOG sinala que ambos presentan valores culturais como ben etnolóxico.

O hórreo do municipio pontevedrés da Cañiza atópase no lugar de Guntín, na parroquia de Santa María de Oroso; mentres que o de Guitiriz está situado no lugar da Gandarela, na parroquia de Santa María de Labrada.

0.1554811000824