Pavimentan 5 quilómetros de vías rurais na Pastoriza
Aproveitando que a chuvia deu un descanso, o Concello da Pastoriza iniciou a reparación dalgunhas vías moi deterioradas, un proxecto que aínda non está rematado e que nos vindeiros días se o tempo axuda se complementará co asfaltado doutras vías.
A tenente de alcalde, Elva Carrera explicou que nestes primeiros de ano procedeuse á pavimentación de accesos aos núcleos de Vilar en Pousada, Mazón en Gueimonde, e Seselle, Castiñeira e Francos en Bretoña. Este proxecto pertence ao Plan Único 2020 da Deputación provincial e afecta a un total de 5.752 quilómetros.
Para as obras destinouse un orzamento de execución material de 103.400,51 máis 21.714,11 de IVE.
"Con esta obra preténdese levar a cabo a mellora de viales moi deteriorados dado que soportan o peso de maquinaria moi pesada que xunto as inclemencias metereolóxicas e o paso do tempo dificultan a circulación", explica a concelleira nacionalista.
As obras consisten na corrección de deformacións e roturas mediante riego asfáltico, así como a limpeza de cunetas e drenaxes que faciliten a circulación das augas de escorrentía. Estas obras realizadas pola empresa Construcciones San Jurjo están xa en fase de finalización.