Pecha a campaña Volta ao Cole coa xornada de compras do gañador dos 2.500 euros en Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Pablo Rivera acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, deu a saída ao gañador do sorteo
xornada-compras-volta-ao-cole-rabade
30 Oct 2025

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves en Rábade na última xornada de compras da campaña Volta ao Cole, unha iniciativa posta en marcha pola Deputación e a Federación Galega de Comercio para apoiar a economía familiar e fortalecer o comercio de proximidade.

Pablo Rivera acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, deu a saída ao gañador do sorteo dos 2.500 euros celebrado o pasado 16 de outubro na Praza de San Marcos. O premiado, José Ramón Vázquez Río, veciño do concello de Rábade, tivo que gastar o bono nunha única xornada de compras, realizando compras nun mínimo de 10 negocios distintos, cun gasto mínimo de 100 euros en cada un.

Esta campaña, financiada coa participación de 50.000 euros da Deputación, distribuíu ademais dos 2.500  euros do gran premio outros 22.500 en 90 bonos de 250, entre os participantes durante o mes de setembro.

O deputado destacou que a campaña buscaba canalizar este consumo cara ao comercio local, promovendo riqueza e vida económica na provincia, “especialmente nun mes como setembro, un dos máis gravosos para as economías familiares”, explicou, Rivera Capón, quen engadiu que a participación, cun preto de 25.000 tíckets rexistrados, “demostra que o obxectivo principal da iniciativa foi acadado, xunto coa repercusión económica positiva, que mobilizou arredor de 800.000 € en vendas”. O importe total da campaña ascendeu a preto de 53.000 euros.

⚙ Configurar cookies
0.078174114227295