Pecha este martes a rúa Emigración de Vilalba ao tráfico para facer obras
TerraChaXa
Solicítaselle á veciñanza que retire os vehículos da vía antes das 7.00 horas do martes
Rúa Emigración de Vilalba
24 Jun 2024
Este martes, 25 de xuño, a rúa da Emigración de Vilalba permanecerá pechada ao tráfico rodado dende a Praza da Constitución ata a intersección coa rúa Luis González Valdesuso.
Será a partir das 8.00 cando dean comezo as obras sobre o firme da estrada e polo tanto, cando se estableza o peche da rúa.
Para que as actuacións poidan dar comezo sen incidencias, solicítaselle á veciñanza que retire os vehículos da vía antes das 7.00 horas do martes.
Pola súa banda, os veciños e veciñas da rúa que precisen acceder ou saír dos garaxes situados na zona afectada polo corte de tráfico poderán facelo con normalidade, permitíndose exclusivamente o paso a ditos vehículos.