Pecha o Concello de Barreiros hoxe para desinfectar tralo positivo de Ermida

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros permanecerá pechado no día de hoxe para proceder á súa desinfección tras dar positivo por coronavirus a alcaldesa, Ana Ermida.
18 Jan 2021

O Concello de Barreiros permanecerá pechado no día de hoxe para proceder á súa desinfección tras dar positivo por coronavirus a alcaldesa, Ana Ermida.

Aínda que desde o momento que tivo coñecemento do contacto se autoconfinou na súa vivenda sen contactos, e desde o mércores non foi ao concello, por prevención hoxe permanecerán pechadas as oficinas xerais, onde tivo contacto esta semana. Procederase a realizar unha desinfección a fondo, quedando abertas a partir do martes para rexistro e atención, fundamentalmente telefónica. O resto de servizos das persoas que non tiveron contacto seguirán funcionando con normalidade.

Procederase a realizar un cribado entre o persoal que tivo contacto para descartar contaxios e, en función dos resultados, retomarase a actividade paulatinamente e sempre priorizando a saúde.

Reiteramos a necesidade de adoptar todas as medidas de seguridade, porque aínda así, a posibilidade de contaxio sempre está.

A alcaldesa fai unha chamada á tranquilidade, xa que o Concello e o Sergas estableceron todas as medidas para frear a posible propagación e pide que se reduzan ao máximo as xestións presenciais no concello, utilizando os medios telefónicos ou telemáticos. Sinala igualmente que nestes días a atención estará feita por moi pouco persoal ata recuperar a normalidade polo que agradece xa por adiantado a paciencia e comprensión das persoas que poidan ter esperas na atención.

0.16063094139099