Pecha o prazo de presentación do concurso de microrrelatos de Vilalba

A VII Edición do Certame de Microrrelatos de Vilalba ultima o prazo de presentación de candidatos.
Poden concursar todas as persoas que o desexen. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos. O tema é libre e deberá conter, polo menos unha vez, a palabra ‘libro’ no corpo do microrrelato. Cada participante poderá presentar un máximo dun microrrelato e as obras terán como máximo 100 palabras (título incluído).
Establécense tres categorías: Infantil (ata 11 anos); Xuvenil (de 12 a 17 anos), e Adultos/as (a partir dos 18 anos).
Haberá premios para os tres mellores microrrelatos nas tres categorías. Na de adultos, 250, 150 e 100 euros; libros e material escolar na categoría Infantil, e un portátil e libros na Xuvenil.
A decisión do xurado darase a coñecer o durante o mes de xuño a través das páxinas web das entidades convocantes, www.vilalba.org e www.culturaliagz.com, e nas súas redes sociais.
O prazo para a presentación de traballos rematará o 31 de maio e o envío deberá facerse ao correo do departamento de Cultura: cultura@vilalba.es.