Pecha o prazo de solicitude do banco de alimentos nas Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes abre hoxe o prazo de solicitudes do banco de alimentos. Poden presentar as súas peticións ata o 31 de maio.
banco alimentos as pontes
banco alimentos as pontes
25 Maio 2023

O Concello das Pontes pecha este venres, 26 de maio, o prazo de solicitudes do banco de alimentos. As persoas interesadas poden presentar as súas peticións no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso).

Os solicitantes deberán presentar ademais documentación como os movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas da unidade familiar, última declaración do IRPF, ou certificado de imputacións (no caso de non facela), ou xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións … No caso de non poder presentar  esta documentación é preciso achegar unha declaración xurada da situación económica da familia.

Así mesmo pídese o último recibo de alugueiro ou hipoteca (se é o caso) e fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.

0.064967155456543