Pecha o venres a inscrición para a tradicional Don Silvestre de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
A carreira será o mércores 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00
don-silvestre-rabadense
21 Dec 2025

Rábade contará un ano máis coa súa tradicional carreira popular de San Silvestre, que chega á súa X edición e que sairá da Prazuela.

Así, a Don Silvestre Rabadense 2025 será o mércores 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00. A carreira dos máis pequenos estará dividida en tres grupos. Os que naceron no 2021 e en anos posteriores serán os que abrirán a competición, que terá 50 metros. 600 será a distancia que percorrerán os nados entre 2016 e 2020, que sairá cinco minutos despois. O resto, os naceron entre 2010 e 2015 sairán ás 11.35 e terán que facer 1.200 metros de percorrido.

O prazo de inscrición xa está aberto e é ata o 26 de decembro, podendo facer efectiva a mesma dende www.championchipnorte.com. A inscrición será gratuíta.

Ao ser unha proba non competitiva non haberá clasificación pero si, ao remate do evento, farase entrega dos premios aos cinco mellores disfraces. Recibirán un agasallo e unha medalla todos os menores participantes y haberá sorteos ademais dun refrixerio ao terminar. Contarán con servizos como avituallamento, gardarroupa e duchas.

⚙ Configurar cookies
0.076090097427368