Pechada a inscripción para o III Open de Pádel que se celebrará do 18 ao 21 de abril en Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
16 Abr 2019

Un total de 164 xogadores e xogadoras daranse cita en Ribadeo do 18 ao 21 de abril no III Open de Pádel Balpersa Volvo. A inscrición pechouse á unha deste mediodía.
Neste torneo establécense varias categorías: 1ª, 2ª e 3ª Masculina, 1ª e 2ª Feminina e Mixta. Os premios para os finalistas consistirán en material deportivo.
O III Open de Pádel Balpersa Volvo está organizado por Pádel Club Ribadeo e patrocinado por Balpersa Volvo.

0.16052985191345