Pechada ao tráfico unha rúa de Guitiriz por unha fochanca

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz pechou ao tráfico a rúa Nova debido á aparición dunha fochanca de gran profundidade que impedía totalmente a circulación.
71190181_2476435975935796_2149954306462187520_o
26 sep 2019

O Concello de Guitiriz pechou ao tráfico a rúa Nova debido á aparición dunha fochanca de gran profundidade que impedía totalmente a circulación. Como alternativa e xa que a rúa dá acceso a garaxes o Concello estableceu un desvío alternativo para os usuarios e usuarias desta vía.

A razón pola que se prohibiu a circulación é porque debaixo do firme atoparon oquedades e problemas coa rede de alcantarillado.

Así, estes deberán ir por Rosalía de Castro e posteriormente empregar un camiño público, que se rematará  que xa é apto para o paso de vehículos.

A incidencia e o desvío habilitado xa están sinalizados e o goberno local está a acometer o amaño da fochanca para poder abrir a rúa o antes posible.

Aínda non se puido precisar o tempo que estará pechada ao tráfico esta vía, que dependerá da duración dos traballos, que requerirán un estudo previo. Por outra banda, a alcaldesa avanzou que a intervención estará ao cargo do fondo de emerxencia municipal.

Por outra banda, o Concello de Guitiriz aprobou o expediente de contratación por procedemento aberto simplificado para o contrato privado de aluguer da parcela no casco urbano para aparcadoiro publico.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día 28 de setembro.

0.12748312950134