Pechan ao tráfico a rúa Bispo Rouco Varela o martes 27 e o mércores 28 de maio para facer obras

TerraChaXa
A intervención consistirá en traballos de rexeneración do pavimento mediante aglomerado
rua-bisco-rouco-varela-vilalba
26 May 2025

A rúa Bispo Rouco Varela permanecerá pechada ao tráfico rodado os días martes 27 e mércores 28 de maio debido á realización de obras de mellora no firme da calzada. O corte da circulación comezará o martes ás 12:00 horas e prolongarase ata o mércores, previsiblemente ata as 20:00 horas.

A intervención consistirá en traballos de rexeneración do pavimento mediante aglomerado, polo que será necesario o peche completo ao tráfico durante ese período.

Desde o Concello recoméndase aos residentes da zona que retiren os seus vehículos dos garaxes antes do inicio das obras, xa que non poderán acceder nin circular mentres duren os traballos.

⚙ Configurar cookies
0.15739393234253