Pelepau presenta o seu novo disco en Vilalba

TerraChaXa
Pelepau presenta o seu novo traballo Na Beira o 5 de setembro en Vilalba.
unnamed
14 Ago 2020

Pelepau presenta o seu novo traballo Na Beira o 5 de setembro en Vilalba.

Tras o éxito do seu primeiro traballo, Fío e Agulla, chegan cinco anos despois este novo traballo. Nado do paralelismo entre a diferenza de culturas coa que convivimos e o mesmo mar que nos viu crecer e nos mantivo sempre nun espírito libre, nace Na Beira.

Plasmando a diversidade das augas coma se de innumerables influencias se tratasen, das que sen querer se apegaron á nosa linguaxe musical e, como tal, aos nosos temas.

Os instrumentos de percusión empregados por Pelepau nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antano eran utensilios da vida cotián como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteros, etc, para deste xeito, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega.

Pasando pola costa sur da Península (Catro Vellos), ás costas africanas (Kikirikí) ou mexicanas (Dicen que no voy) sen perder nunca as raíces.

unnamed
0.12209916114807