Pena de Francia, en O Freixo, celebra as patronais a fin de semana
TerraChaXa
A localidade pontesa de Pena de Francia, en O Freixo, celebra o sábado e domingo as súas festas na honra á virxe do mesmo nome.
8 sep 2022
A localidade pontesa de Pena de Francia, en O Freixo, celebra o sábado e domingo as súas festas na honra á virxe do mesmo nome.
As celebracións darán comezo o sábado, ás 13.00 horas coa misa solemne, á que seguirá a sesión vermú a cargo do dúo Plantino, que tamén estarán na verbena xunto a Almudena.
O domingo repetirán oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú estará nas mans do dúo En clave de ti, que porá o punto e final ás celebracións trala tradicional poxa de produtos do Freixo.