Pena de Francia, no Freixo, celebra as patronais esta fin de semana

TerraChaXa
O dúo Venus porá o punto e final ás celebracións trala tradicional poxa de produtos
festas-pena-de-francia
4 Sep 2025

A localidade pontesa de Pena de Francia, no Freixo, celebra o sábado e domingo as súas festas na honra á virxe do mesmo nome.

As celebracións darán comezo o sábado, ás 13.00 horas coa misa solemne, á que seguirá a sesión vermú a cargo do dúo Caramelo, que tamén estarán na verbena xunto ao solista Álex.

O domingo repetirán oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú longa estará nas mans do dúo Venus, que porá o punto e final ás celebracións trala tradicional poxa de produtos do Freixo.

⚙ Configurar cookies
0.12250590324402