Penas de Rodas acolleu unha xornada de tecnificación de ciclimo feminino

O emblemático paraxe de Penas de Rodas, en Outeiro de Rei, acolleu esta semana unha xornada de tecnificación para ciclistas femininas nas categorías infantil e cadete.
Trátase dunha actividade organizada pola Federación Galega de Ciclismo coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Esta actividade enmárcase na preparación das deportistas para o vindeiro Campionato de España, reforzando o apoio ao ciclismo base e á igualdade no deporte.