Penas de Rodas celebrará este domingo a súa 40 Romaxe
A LX edición da Romaxe de Penas de Rodas terá lugar este domingo. Esta popular xuntaza ten lugar na localidade de Gaioso, en Outeiro de Rei, e nesta ocasión será o 26 de xuño, recuperando unha programación variada con xogos infantís, música, baile e moitisimas sorpresas.
A programación dará comezo ás 10.30 horas coa celebración dun triangular e fútbol mentres que sobre o mediodía iniciaranse as actuacións musicais coa actuación da Banda Municipal de Música de Outeiro de Rei. Esta actuación será o colofón do acto de apertura da II Feira de Artesanía. Pero xa desde as 11.30 haberá xogos populares no lugar.
Á 13.00 horas, o profesor José Vázquez Peinó ofrecerá o pregón antes da sesión vermú, que estará a cargo do dúo Zafiro.
O acto central é o xantar campestre, que dará comezo ás 14.30 horas seguido da actuación do circo La Isla Letrika, dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación.
Ás 17.30 haberá unha representación da Escola de Teatro de Penas de Rodas para pechar, ás 19.00 horas, a Feira de Artesanía.
Pero a celebración no remata aí, xa que ás 19.30 está previsto un concerto de Airiños da Freba, tamén dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación. O colofón será a verbena a cargo novamente do dúo Zafiro.
Durante a xornada estarán á venda pan, empanadas, polbo e churrasco e haberá tamén servizo de bar.