Penas de Rodas organiza un curso de dixitalización de balde

A Asociación Cultural Penas de Rodas porá en marcha dun curso de dixitalización, totalmente de balde, que se desenvolverá no seu local e está dirixido a persoas empadroadas en zonas rurais. A formación, cunha duración total de 20 horas, impartirase os mércores en horario de 17:00 a 19:00 horas, desde o 15 de outubro ata o 17 de decembro.
O curso abordará cuestións prácticas como a firma dixital, a chave 365, os certificados, o uso de aplicacións e a relación coas administracións públicas. Os grupos estarán formados por un mínimo de 8 persoas e un máximo de 12, co obxectivo de garantir unha atención personalizada.
As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o 3 de outubro para inscribirse, podendo facelo a través do correo electrónico penasderodas@yahoo.es. Esta iniciativa está organizada e subvencionada pola Deputación de Lugo e os Fondos Europeos, co fin de fomentar a inclusión dixital e achegar novas ferramentas á veciñanza do rural.