Penúltima xornada da LNB NorLeste baixo o sol e un gran vento

TerraChaXa
O pasado sábado 4 de maio de 2019 no campo da festa de Ponte de Outeiro, tivo lugar a penúltima xornada da LNB NorLeste, onde un nutrido grupo de compañeiros gozou na competición e fixo que se superase a marca de participantes mais aló dos sesenta.
ponte de outeiro billarda
9 Maio 2019

O pasado sábado 4 de maio de 2019 no campo da festa de Ponte de Outeiro, tivo lugar a penúltima xornada da LNB NorLeste, onde un nutrido grupo de compañeiros gozou na competición e fixo que se superase a marca de participantes mais aló dos sesenta.

Acompañou tamen o sol e un vento atolado, moi racheado que xogueteaba cas billardas ó seu antoxo. Malia que non fora convidado a participar no xogo, si que foi parte activa intervindo, para ben ou para mal, levando os palanadores á ledicia moi celebrada ou o cabreo non sempre contido en moitas xogadas con ramate non agardado.

Resultou nembargantes unha exitosa xornada, salvo honrosas excepcións, non moi abundante en puntos pero moi disputada. Sobresaiu a figura de Juan Carlos do equipo Campo da Feira de Paiosaco, que foi quen de acadar o pleno de vintecinco puntos e o segundo pleno da tempada. Segundo e terceiro con veintetrés puntos remataron Manu Pozo dos Billardeiros Musicais e Miguel Moran de Carabullo.

Miguel Morán, entrou con forza na súa primeira xornada da tempada. Acadou o terceiro posto e foi quen de perforar o varal por dúas voltas de un so golpe. O outro varado da tarde conseguino seu irmán Javi.

En equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo gañaron con solvencia rebaixando en sete puntos a distancia cos Carabullo, co que quedan so a tres puntos a falta da derradeira xornada de Remourelle.

Destacaron nas donas Bea de Troitas Bravas, Paula e Ana de Chainzos-Cadaval e Geni dos Billardeiros Musicais.

Por parte do equipo anfitrión Carabullo, todos os participantes foron agasallados cunha árbore autóctona para repoblar Galicia enteira e deste xeito rematou otra expléndida xornada billardeira ca entrega de trofeos os gañadores de mans do seleccionador Manolo Flores.

ponte de outeiro billarda
0.15716409683228