Pepe Carballo López celebrou en Coea o seu 100 aniversario rodeado da familia

Hai uns días, a parroquia de Coea viviu un emotivo momento coa celebración do 100 aniversario de Pepe Carballo López, veciño moi querido que cumpriu un século de vida. A ocasión reuniu á súa familia nunha xornada chea de afecto e lembranzas, na que destacou a presenza do seu irmán de 92 anos, testemuña viva dunha longa historia compartida.
A celebración estivo marcada pola emoción e a gratitude, tanto pola vida de Pepiño como polo privilexio de poder renderlle esta homenaxe.