Pepe de Pígara explica nun obradoiro en Guitiriz as nocións básicas para restaurar
O bo facer de Pepe de Pígara é coñecido por todos e todas, dentro e fóra de Guitiriz. Esta smana, quixo trasladar o seu saber no obradoiro Dálles unha nova vida, organizado polo Concello na Casa Habanera co obxectivo de aprender as nocións básicas para restaurar.
Na sesión, á que se achegaron varios veciños e veciñas, Pepe de Pígara explicou, entre outras cousas, como restaurar un reloxo despertador de latón e ferro, unha motocicleta MV, un muíño de café, unha máquina de coser ou unha copa, entre outros elementos.
O obxectivo da charla era conseguir que a persoa participante fose capaz de realizar unha valoración inicial do estado da peza, decidise cal sería a intervención máis adecuada e a levase a cabo da mellor maneira posible, atendendo ás diferentes técnicas existentes.