Pesar nas Pontes polo falecemento da ex concelleira Eva Conde
Desde a agrupación local do PSdeG PSOE As Pontes amosaron "o noso pesar polo falecemento, onte, da nosa compañeira Eva Conde, secretaria Xeral da agrupación pontesa desde o ano 2028 e concelleira de Cultura durante os anos 2007-2011".
"Sentimos unha profunda dor pola perda dunha muller excepcional, amiga dos seus amigos, traballadora infatigable, comprometida co partido, coas políticas de esquerda, coa educación, a xuventude, a muller e coa nosa vila", subliñan.
"Queremos manifestar a nosa dor e compartila coa súa familia á que trasladamos o noso máis sentido pésame e todo o ánimo posible para combater este triste momento".
Ás mostras de pesar no Concello sumáronse tamén as expresadas dende o CR Fendetestas.
"A que foi unha referencia na vida educativa, social e política da nosa vila, foi sempre amiga deste club, co que compartía valores, e no que xogou o seu fillo Iago ó que enviamos unha forte aperta. Sumámonos á dor de todo o pobo diante desta fatídica perda", dixeron.