Pesdelán actúa esta tarde en Friol

TerraChaXa | LugoXa
Friol acollerá hoxe, sábado, unha actuación do grupo Pesdelán, ás 19.
pesdelan actua en friol portada
5 Ago 2023

Friol acollerá hoxe, sábado, unha actuación do grupo Pesdelán, ás 19.00 horas, no parque Rosalía de Castro.

Esta actuación está dirixida a público infantil e se atopa dentro da programación do Xacobeo para os meses de verán.

Pesdelán é moito más que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Os espectácus teñen unha duración aproximada dunha hora e están dirixidos a todos os públicos. Nace en 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e profesores de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela facendo participar por centos de persoas, no Festival dous Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo), etc.

pesdelan actua en friol
0.17705798149109