Peter Punk Pallaso estará en Friol este domingo

LugoXa | TerraChaXa
Representará o seu espectáculo 'Chungo que te cagas' ás 18.30 horas
actuacion-peter-punk-friol
Cartel
13 Xul 2024

Friol acollerá este domingo unha nova actuación para a cativada. Trátase da actuación de Peter Punk Pallaso, que traerá o seu espectáculo Chungo que te cagas.

A actuación terá lugar ás 18.30 horas no parque Rosalía de castro da localidade.

Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores, creando un universo propio no que a liña de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

0.19953298568726