Piden a convocatoria urxente da Mesa pola Transición Xusta das Pontes

TerraChaXa
O Comité de Crise das Pontes fixo pública a petición "inmediata e urxente" da Mesa pola Transición Xusta das Pontes.
mesa pola transicion xusta as pontes
19 Abr 2022

O Comité de Crise das Pontes fixo pública a petición "inmediata e urxente" da Mesa pola Transición Xusta das Pontes.

"A pasada semana, tras a reunión mantida polo Comité de Crise das Pontes e tendo en conta que son moitas as inquedanzas que xurden no proceso que se está a vivir sobre do peche da central térmica, coa activación da Central Térmica, cando menos ata maio, co proceso de peche e demolición en trámite e o plan Futur-e por concretar, os membros do Comité de Crise coincidiron en que “debe ser prioritario, neste tempo extra, concretar alternativas que garantan o futuro laboral e socioeconómico da localidade, e dar alternativas xa aos colectivos máis vulnerables neste proceso de descarbonización (transportistas, traballadores/as da industria auxiliar e da principal”, explican.

Por todo o anterior, desde o Comité de Crise recalcouse  a urxencia de solicitar, novamente, a  convocatoria da Mesa de Transición Xusta das Pontes, solicitada o pasado 25 de novembro de 2021.

0.19902896881104